Estes días está a ter lugar na sede de Arraianas o Obradoiro de Contextualización Laboral. Dereitos, Deberes e Achegamento ao Mercado Laboral.
Trátase do primero dunha serie de obradoiros que teñen como obxectivo que as personas participantes dos nosos programas estean formadas e informadas respecto do mercado laboral, a súa evolución e o contexto laboral que nos rodea.
As datas iniciais previstas para impartir estos talleres eran o 21 e 23 de abril, pero debido á gran demanda de solicitudes realizarémolo de novo os días 4 e 11 de maio.
- Normativa en materia laboral.
- Dereitos e deberes en materia laboral.
- Contrato de traballo.
- ERTE.
- Extinción do contrato. Finiquito.
- Réxime de traballador@s do fogar.
- Arraigo laboral e novidades.
Ademais dedicaremos un tempo para que as persoas participantes compartan as súas experiencias e inquedanzas acerca dos temas a tratar.
Tamén nos gustaría crear un espazo que motive a participación social das persoas que forman parte do mesmo.
Este obradoiro estará impartido polo noso avogado e compañeiro Gonzalo Sáez.
Aínda quedan prazas, animádevos!