Novo obradoiro

Obradoiro de Economía Doméstica

— O equipo de Arraianas, 19/05/2021

A próxima semana terá lugar na sede de Arraianas o Obradoiro de Economía Doméstica dentro da serie de formacións planificadas para a "Promoción dunha Economía Familiar Sostible".

Trátase dun obradoiro que ten como obxectivo concienciar ás persoas participantes acerca do impacto que teñen a nivel económico e medioambiental as decisións que tomamos como consumidores e consumidoras. Traballaremos habilidades e estratexias importantes de cara á optimización dos recursos dispoñibles na nosa contorna.

As datas previstas para impartir estes obradoiros son o 27 de maio e o 1 de xuño, podendo ampliarse datas en función da demanda. As temáticas que abordaremos serán:

  • Alimentación: cociña tradicional, cociña de aproveitamento e estacionalidade dos alimentos.
  • Suministros: lectura de facturas e estudo de recursos que nos permitan o autoabastecemento.
  • Reciclaxe e compostaxe.
Ademais, dedicaremos tempo para que as persoas participantes compartan as súas experiencias e inquiedanzas sobre os temas tratados e promoveremos un espazo que motive a participación das persoas.

Este obradoiro estará impartido por Sergio Fernández, alumno de prácticas IV do Grado de educación social da UNED, en colaboración con Tania Tumbeiro (educadora social) e Tanit Vázquez (psicóloga).

Ainda quedan prazas, animádevos!