O 31 de maio do 2021 comezamos coa nosa actividade da horta de cara a promover o traballo colaborativo, a autoxestión e un estilo de vida saudable.
Queremos agradecer ao Concello de Santiago de Compostela e a Concellaría de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente e Parques e Xardíns, a cesión do espazo que permite levar a cabo esta actividade.
Por que unha horta?
- Porque é unha forma de fomentar e por en práctica as ferramentas precisas para o traballo colaborativo.
- Porque son dabondo coñecidas as bondades do traballo coa terra e a natureza na mellora do benestar das persoas e dos grupos.
- Porque ao realizarse nunha horta municipal é unha boa maneira de coñecer a xente, tanto dentro da nosa horta como das hortas veciñas.
- Porque ao participar de xeito constante nesta actividade adquirirás coñecementos e técnicas de cultivo que poderás ensinar á xente nova que se sume a esta actividade e así, xuntos e xuntas, ir crecendo.
Si con estas razóns aínda non o tes claro, contacta con nós para calquera cousa que precises saber.
+ Información:
Correo electrónico
arraianas@arraianas.org
Teléfono
+34 981 936 034
+34 623 004 843
Animate, aínda quedan prazas no distintos grupos!