De acordo co dereito á integración social das persoas estranxeiras estipulado na lexislación española, desde Arraianas consideramos que a aprendizaxe do idioma é un recurso fundamental para esta integración. As persoas que participan no Programa “Ayni” poderán apuntarse neste curso de castelán.
Pretendemos con esta actividade dotar as persoas que non falen o idioma, dun nivel suficiente para establecer unha base sólida coa que poder acadar autonomía de cara a unha integración social e laboral.
En canto aos contidos a traballar nas clases, baseámonos en temas ou ámbitos relacionados co entorno que rodea aos cidadáns e cidadás inmigrantes. Os temas xurden de situacións relacionadas coas necesidades e intereses das persoas, como por exemplo a procura de emprego, aloxamento, solicitude de servizos, etc.
A formación terá unha duración de 50 horas repartidas en clases de 2 horas e media que se realizarán 2 veces por semana, martes e xoves, dende o 14 de septembro ao 23 de novembro do 2021. Os temas a desenvolver se tratarán nos seguintes módulos:
- Identificación persoal.
- Entorno e vivenda.
- Vida cotiá e traballo.
- Saúde e coidado persoal.
- Compras.
- Servizos públicos.
- Relacións con outras persoas, tempo libre e ocio.
+ Información:
Correo electrónico
arraianas@arraianas.org
Teléfono
+34 981 936 034
+34 623 004 843