Nos últimos meses temos afianzado os nosos programas de atención integral a persoas migrantes, de inclusión e transición ao emprego (para persoas migrantes e para persoas en risco de exclusión), de apoio á conciliación no marco do servizo de inclusión social e laboral, de asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría, así como levado a cabo diversas accións de formación e obradoiros de sensibilización.
En liñas xerais, estamos máis que satisfeitas coa labor que estamos a desenvolver na comarca de Santiago de Compostela. Cremos que este pensamento é compartido polas persoas que participan dos nosos programas, así como por aquelas entidades e administracións que colaboran con nós. Pero tamén estamos atentas ao que nos queda por facer e por mellorar.
Respecto destes aspectos pendentes de desenvolver ou de mellorar, a maioría están condicionados polo financiamento. Temos accións deseñadas e planificadas para as que aínda non temos fondos. E tamén temos programas en marcha, subvencionados con fondos públicos, con necesidades e gastos (razoables e habituais en calquera organización) que non poden ser financiados con estes fondos por cuestións normativas.
Así pois, en Arraianas andamos argallando formas de fortalecer con fondos propios o financiamento dos nosos programas e accións de intervención social. E aquí ti podes botarnos unha man, ou dúas...
Buscamos novas socias e socios, con novas e mellores ideas, que nos permitan ampliar os nosos fondos propios. Se estás interesada ou interesado, podes informarte nesta mesma web sobre como podes asociarte.
Tamén buscamos novas e novos teamers de Arraianas. Teaming é unha ferramenta online para recadar fondos para causas sociais a través de micro doazóns de 1€ ao mes. É doado e seguro, así que, se che interesa, non o penses moito e únete ao noso grupo de Teaming.
Se ningunha das opcións anteriores te convence, podes facer unha doazón puntual, polo importe que desexes, mediante unha transferencia á nosa conta bancaria:
IBAN ES11 3070 0003 1662 5990 4727 (Caixa Rural)
Traballamos pola consecución dos dereitos inalienables da cidadanía estranxeira e das persoas en situación de vulnerabilidade, e ti podes ser unha parte importante en todo isto. Porque para moitas seguen a ser malos tempos, anímate a participar en Arrainas.
Se precisas máis información podes seguir navegando pola nosa web. Ou, se o prefires, podes contactar con nós e resolveremos todas as túas dúbidas.
Moitas grazas e saúde!