En colaboración con Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela nace Raigame. Este proxecto ten por obxectivo loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación das persoas preceptoras das rendas municipais asi como promover a súa plena inclusión social.
Para acadar este obxectivo obxectivo, promóvese un servizo de atención integral e individualizada para as persoas que o precisen e sexan derivadas polos Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela, favorecendo así a súa inclusión e participación social na cidade.
As persoas poderán beneficiarse das seguintes accións:
- Acompañamento social.
- Apoio para a realización de trámites administrativos.
- Apoio psicolóxico e motivacional individualizado.
Traballarase en cordinación cos Servizos Sociais para determinar as actuacións conxuntas a realizar coas persoas atendidas en función das súas necesidades.
Esta proposta de traballo avoga abertamente por unha intervención individualizada e adaptada ás necesidades e demandas das persoas atendidas.