Trátase dun proxecto dirixido a grupos de adolescentes de entre 12 e 18 anos.
O obxectivo xeral do proxecto é facilitar o desenvolvemento de ferramentas de afrontamento e protección ante situacións de consumo de substancias, xogo patolóxico, violencia e/ou maltrato, favorecendo o aumento da autoestima, o autocoidado e a capacidade para minimizar os factores de risco que incrementan a posibilidade de aparición destas problemáticas.
Procuramos mediante este proxecto, ofrecer información e formación en áreas sensibles na etapa adolescente, favorecendo a adquisición de modelos que garantan o benestar, así como xerar espazos seguros de crecemento e confianza.
Trabállase dende unha perspectiva psicoeducativa e realizase en distintas sesións dentro das aulas dos IES que así o solicitan. Cada sesión está centrada nun tema e están adaptadas ás necesidades do grupo, podendo variar a orde ou a duración das mesmas.
As temáticas a traballar serán as seguintes:
- Bo trato e autocoidado, unha ollada ao benestar e ao acoso. Sesións dedicadas a coñecer a problemática que o grupo e as persoas que o conforman perciben que lle está afectando. Adentrámonos despois nas diferentes formas de afrontamento. Faise fincapé en aspectos relacionados co benestar, o autocoñecemento e as boas prácticas no coidado.
- Novas tecnoloxías, uso, abuso e seguridade na Rede. Unha ollada á violencia en redes. Lexislación vixente na materia. Sesións co obxectivo de analizar o uso que facemos das redes e en identificar as malas prácticas, así como informar sobre as consecuencias dos mesmos
- Cannabis, prevención no consumo. Información acerca da substancia, do seu uso e das implicacións que isto ten a nivel persoal e social.
- Xogo patolóxico. Condutas delitivas O xogo como conduta aditiva. Posibilidades e saídas. Condutas constitutivas de delito vencelladas.