Comezamos este ano 2024 ampliando a nosa rede de colaboración. O 23 de xaneiro asinamos un convenio coa Asociación Banco de Alimentos Rías Altas para levar a cabo unha nova actividade que se desenvolverá na nosa sede, os "CAFÉS ABERTOS".
A partir do 21 de febreiro abriremos semanalmente as nosas portas para tódalas persoas que participan nos nosos proxectos e poder crear deste xeito un espazo no que compartir, conversar, crear lazos e almorzar xuntas.
Esta acción será posible grazas á colaboración do Banco de Alimentos que doará os alimentos necesarios e á comunidade cada vez máis ampla de persoas que forman parte de Arraianas: traballadoras, voluntariado, participantes e socias da entidade.
Si queres máis información desta actividade, queres vir a almorzar con nós algunha semana ou tes algunha dúbida de cómo participar, contacta con calquera persoa do equipo de Arraianas.
+ Información:
Enderezo electrónico
arraianas@arraianas.org
Teléfono
+34 981 936 034 ~ +34 623 004 843