Uníndote a Arraianas estarás axudando a persoas en risco de exclusión social, especialmente a mulleres e persoas migrantes. A túa contribución facilitará a estas persoas o acceso a servizos de atención especializada que, doutro xeito, non terían ao seu alcance.
Se necesitas máis información sobre o noso traballo, convidámoste a que coñezas os nosos programas de intervención. Ademais, para resolver calquera dúbida sempre podes contactarnos.
Grazas ao apoio das socias e socios podemos seguir traballando na consecución dunha sociedade máis xusta e intercultural.