Ayni

Promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social 2023, 2024 e 2025

Programa de inclusión e transición ao emprego para persoas migrantes.

O programa Ayni está dirixido a facilitar a inclusión social e laboral activa, a participación social e o desenvolvemento de habilidades e coñecementos que permitan ás persoas migrantes desenvolverse na sociedade de acollida, así como a mellora do seu nivel de empregabilidade. Para a consecución deste obxectivo desenvólvese un proxecto artellado en torno a unha serie de accións grupais e individuais que se complementan con outros recursos do sistema galego de servizos sociais existentes no ámbito territorial de acción.

Este programa conta cun alto grao de especificidade no apoio integral proporcionado ás persoas migrantes en situación de vulnerabilidade, incluíndo aqueles casos nos que a solicitude de protección internacional foi denegada, así como ás persoas solicitantes de protección internacional ou con concesión de estatuto de protección (refuxiadas, protección subsidiaria ou permiso temporal por razóns humanitarias).

Resulta importante na intervención con persoas destes colectivos un apoio desde os ámbitos social, psicolóxico e xurídico, polas características especiais do seu proceso migratorio e pola súa situación xurídica. Este tipo de intervención adoita ser a base na que se sustenta a consecución de dereitos, o fortalecemento persoal, e a inclusión social e laboral.

Ademais, a entidade leva acabo unha serie de accións de asesoramento e apoio técnico especializado no eido xurídico, formativo e de ocio. As persoas participantes do programa Ayni poderán acceder complementariamente a estas actividades.

O programa Ayni ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas migrantes. Trátase dunha operación cofinanciada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027 co obxectivo de promover a integración socioeconómica das persoas nacionais de terceiros países, incluídas as inmigrantes.