"Mulleres na Raia" nace como resposta á necesidade presentada polas mulleres que partcipan dos proxectos da nosa entidade para a creción dun espazo seguro no que poder compartir as súas experiencias.
Este espazo ten por finalidade incrementar a rede de apoio entre mulleres, na procura dun maior desenvolvemento persoal e social e de cara a afrontar os proxectos de vida e as dificultades inherentes ao feito de ser muller.
A través de distintas sesión procuraremos da man das participantes:
• Mellorar o benestar emocional das mulleres de cara a afrontar situacións persoais, familiares e sociais, a través de espazos grupais e comunitarios.
• Propoñer situacións que faciliten, de xeito global, o empoderamento e o desenvolvemento persoal das mulleres.
• Fomentar a participación activa das mulleres sobre a súa contorna a partires da achega de ideas, accións ou propostas de transformación visibles para o resto da cidadanía.
Trátase dunha acción financiada polo Concello de Santiago de Compostela dirixida ao desenvolvemento de actividades que promovan a igualdade de xénero na contorna.