O obxectivo do programa é mellorar o benestar das persoas maiores reducindo a soidade non desexada e promovendo a súa saúde mental así como a das familias e achegados/as de persoas falecidas por suicidio, de cara a previr condutas suicidas así como sensibilizar a axentes da comunidade e a poboación xeral acerca da realidade do suicidio reducindo deste xeito o estigma social.
Está dirixidas a persoas adultas residentes nas Comarcas de A Mariña, Ortegal, Santiago e o concello de Abadín.
As actividades do proxecto están encadradas en torno a 3 fíos estratéxicos que estruturan toda a intervención:
- Establecemento de redes de traballo e promoción do coñecemento na poboación xeral e axentes da comunidade implicados no programa.
Mediante as actividades encadradas neste fío preténdese fomentar a sensibilización e comprensión, a responsabilidade social e a redución do estigma social acerca da conduta suicida na poboación e impulsar a capacitación de axentes da comunidade para aumentar o coñecemento sobre a conduta suicida así como as boas prácticas na intervención para identificar e axudar a persoas en risco.
- Prevención da conducta suicida e da soidade non desexada en persoas maiores de 65 anos.
Con este fío procúrase fomentar a mellora da saúde mental e emocional das persoas maiores participantes do programa e facilitar o acceso a un servizo de coidado das mesma así como reducir a soidade non desexada e promover o incremento das redes de apoio social e das habilidades e coñecementos das persoas participantes.
- Posvención e apoio a familiares e achegados de persoas falecidas por suicidio.
A través deste fío de actividades trátase de apoiar ás persoas achegadas e familiares de persoas falecidas por suicidio buscando promover un afrontamento do dó adaptativo e diminuír así factores de risco da conducta suicida.
No caso de precisar mais información contactar a través de:
- Mail: candea@arraianas.org
- Teléfono: 698183167