O programa de voluntariado de Arraianas é un piar básico de crecemento para a propia entidade, así coma unha fonte inesgotable de ideas e iniciativas para a transformación social.
Este programa está orientado a persoas comprometidas, que comparten moitas das nosas inquedanzas e que desexan colaborar aportando o seu tempo. A través do voluntariado, compartirás experiencias, coñecerás a novas persoas e colaborarás co equipo de Arraianas no desenvolvemento de diferentes programas de intervención social.
As oportunidades de voluntariado xorden habitualmente como resposta a necesidades específicas dos nosos programas e áreas de intervención. Pero sempre estamos abertas a novas propostas de colaboración.
Se che interesa ser voluntaria ou voluntario en Arraianas, contacta con nós. Coñecerasnos e atoparemos a mellor forma de colaboración, en función da túa dispoñibilidade, saberes e inquedanzas.